O Plan de Medio Ambiente (PMA) da Deputación da Coruña contribúe a xerar 90 empregos en toda a provincia, a través da creación de brigadas medioambientais en 20 concellos, que contan cunha dotación total de 405.819,11 euros dos fondos provinciais.
Estas cuadrillas realizarán traballos de limpeza, vixilancia, coidado, protección, mantemento e recuperación do medio ambiente en espazos municipais coma zonas axardinadas, áreas de ocio e de lecer, sendeiros fluviais e contornas naturais. En concreto, algunhas das accións que executarán as brigadas serán a repoboación de espazos forestais, mantemento de xardíns, coidado de árbores, acondicionamento de terreos e roza de plantas e herbas nas diversas áreas de titularidade municipal, entre outras tarefas complementarias segundo as necesidades concretas de cada concello.
Ademais da protección e a sensibilización sobre o medio ambiente, o PMA contempla o obxectivo de xerar emprego, un dos eixos estratéxicos de tódolos plans e programas do goberno provincial presidido por Valentín González Formoso.
Os 28.607,66 euros que o PAS deixa nas brigadas barbanzanas destinaranse á formación de brigadas en Carnota e Lousame.
En Carnota destinaranse 7.358,57 euros á contratación de dous peóns que se dedicarán, entre outras labores, á limpeza e acondicionamento da Senda Verde, das rutas de sendeirismo do Monte Pindo e outras como as rutas dos Mariñeiros, Faro de Lariño, Bico do Santo e Fervenza das Fontes.
Lousame destinará un presuposto de 21.249 euros á contratación dun oficial e tres peóns.