15.6 C
Chicago
23 octubre, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS PREMIOS DE BOAS PRÁCTICAS EN SERVIZOS SOCIAIS

A Deputación da Coruña pon en marcha a sexta edición destes premios, cos que busca recoñecer o traballo das entidades sociais na atención aos colectivos máis vulnerables e na mellora do benestar da cidadanía.
A convocatoria establece dúas modalidades. Por unha banda, cinco premios de 7.000 euros para proxectos e, por outra, un recoñecemento, tamén dotado con 7.000 euros, á traxectoria dunha entidade polo seu labor no ámbito dos servizos sociais.
No caso dos proxectos, os premios repartiranse en cinco categorías: investigación científica en servizos sociais, iniciativas no ámbito rural, atención a persoas maiores, discapacidade e dependencia, familia, infancia e adolescencia, e inclusión social.
O obxectivo é poñer en valor iniciativas innovadoras que melloren a atención social e dean resposta ás necesidades das persoas e colectivos máis vulnerables.
As entidades interesadas terán todo o mes de setembro para presentar as súas candidaturas. O prazo abrirá o día 1 e rematará ás 14:00h do 30 de setembro.
A tramitación deberá realizarse de maneira telemática a través da plataforma SUBTEL, na sede electrónica da Deputación da Coruña. Serán, en total, 42.000 euros destinados a premiar boas prácticas e recoñecer o traballo do tecido social da provincia.

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA APROBA UN INCREMENTO DE 25 MILLÓNS DE EUROS PARA O PLAN ÚNICO, ELEVANDO O POS+ DESTE ANO ATA OS 178 MILLÓNS

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ABRE O PRAZO DE ADHESIÓN Á SEGUNDA EDICIÓN DA CAMPAÑA MERCANAVILA PARA COMERCIOS LOCAIS

CloudyX

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DESTACOU OS LOGROS DO NATURAL SPORT NOS SEUS 30 ANOS DE HISTORIA

CloudyX