Un dos proxectos que tiña enriba da mesa o Goberno local de Noia era poñer todo en orde no referente ao Punto Limpo. E vén de culminarse o proceso de legalización do mesmo, solucionando unha situación administrativa que se arrastraba dende había anos e coa que se evitou o pago de sancións que podían ascender a 300.000 euros.

