Esta mañá tivo lugar a clausura do Programa Integrado de Emprego impulsado polo Concello de Ribeira no que tamén se formaron veciñas e veciños da Pobra, O Porto do Son, Boiro e Rianxo. O acto final desenvolveuse no Auditorio ribeirense onde se fixo un repaso dun ano de formación en diversos eidos na que participaron 126 persoas.

