11.9 C
Chicago
24 octubre, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA ESTE ANO 2,24 MILLÓNS DE EUROS A 19 ENTIDADES TURÍSTICAS DA PROVINCIA

En total, son 2,24 millóns euros repartidos entre 19 entidades turísticas da provincia da Coruña a través dunha liña de subvencións da Deputación destinada a mellorar a calidade e a competitividade do sector.
O vicepresidente provincial e responsable de Turismo, Xosé Regueira, destaca que estes fondos permitirán desenvolver produtos turísticos de maior valor engadido, profesionalizar a xestión dos destinos e reforzar a proxección da provincia tanto a nivel nacional como internacional.
Un investimento que busca tamén dar continuidade a proxectos de vertebración territorial como o Xeoparque do Cabo Ortegal, a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas, os itinerarios náuticos ou o Camiño Inglés.
E entre os proxectos apoiados está tamén o de Barbanza Arousa.
A Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte recibirá 115.000 euros para a consolidación, promoción e comercialización deste destino turístico.
Unha achega coa que se pretende reforzar a presenza de Barbanza Arousa como destino, impulsar os seus recursos e mellorar a súa capacidade de atraer visitantes.
A Deputación defende así un modelo turístico baseado na calidade, na sustentabilidade e nun desenvolvemento equilibrado do territorio.

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA APROBA UN INCREMENTO DE 25 MILLÓNS DE EUROS PARA O PLAN ÚNICO, ELEVANDO O POS+ DESTE ANO ATA OS 178 MILLÓNS

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ABRE O PRAZO DE ADHESIÓN Á SEGUNDA EDICIÓN DA CAMPAÑA MERCANAVILA PARA COMERCIOS LOCAIS

CloudyX

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DESTACOU OS LOGROS DO NATURAL SPORT NOS SEUS 30 ANOS DE HISTORIA

CloudyX