19 agosto, 2026

OS PREMIOS DE INVESTIGACIÓN ONCOLÓXICA RAMIRO CARREGAL ENTRÉGANSE MAÑÁ. A PANDEMIA ATRASOU O ACTO NO QUE SERÁN PREMIADOS OS DOUTORES XOSÉ BUSTELO E CÉSAR SERRANO

Mañá será o acto de entrega dos Premios de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal fallados en 2020 e que non se puideron entregar por mor das restricións impostas pola pandemia.

A gala de entrega estará presidida polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. A cita servirá para entregar o IX Premio Internacional de Investigación Oncolóxica ao doutor Xosé Ramón García Bustelo e o II Premio Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica ao doutor César Serrano. Ambos estarán presentes no acto, que comezará ás 19.30 e celebrarse no Hostal dos Reis Católicos. Nel participarán unha destacada representación do mundo científico, médico e académico.

O Padroado do Premio lembra que está aberta a convocatoria dunha nova edición, que será a décima para o Premio Internacional, dotado con 20.000 euros, e a terceira para Talentos Emerxentes, que conta cunha dotación económica de 6.000 euros. As candidaturas a ambos premios poden presentarse ata o 28 de febreiro de 2022.

Related posts

A FALTA DE MEXILLA É UNHA DAS PRINCIPAIS PREOCUPACIÓNS DO SECTOR MEXILLOEIRO

CloudyX

A PRESENZA DE TOXINA AFECTA TAMÉN AOS BANCOS MARISQUEIROS

CloudyX

TENSIÓN POLA COTA DA SARDIÑA: A FROTA PIDE MANTER OS TOPES PARA GARANTIR A CAMPAÑA

CloudyX