A mexilla é a base da produción de mexillón nas bateas galegas. Por iso, a escaseza rexistrada nos últimos anos converteuse nun dos principais problemas para o sector. Dende Muros, o patrón maior recoñece que a situación é desigual segundo as zonas, aínda que admite que hai produtores que o están pasando especialmente mal.

