A lonxa de Aguiño veu reducida drasticamente a súa actividade debido á presenza da toxina lipofílica que obrigou a pechar tamén os bancos marisqueiros. Hai unha semana e media que os profesionais non poden extraer ameixas nin navalla, circunstancia que se producía habitualmente hai 15 anos e que vén de darse nos últimos dous exercicios e que está a afectar aos mariscadores.

