O Centro Social de Abanqueiro acollerá durante os vindeiros meses representacións teatrais tanto para o público adulto coma familiar. As funcións celebraranse os venres e sábados, arrancando este mesmo venres, 2 de outubro, coa obra “Contos entre cordas” de Maria da Pontragha. As entradas poderán adquirirse na billeteira dende unha hora antes do comezo.

