16.6 C
Chicago
2 octubre, 2026
Image default

DESARTICULADO UN GRUPO CRIMINAL DEDICADO AO TRÁFICO DE DROGAS EN RIBEIRA

A investigación conxunta iniciouse meses atrás tras desarticular un punto de venda que subministraba heroína a vendedores de secundarios que se adicaban ao menudeo no Barbanza. Os axentes centraron os dispositivos de vixilancia nun inmoble da parroquia de Palmeira, en Ribeira, que funcionaba como base de operacións para recibir, cortar e dosificar cocaína e heroína.
Dado o perfil violento dos sospeitosos e o feito de ter armas de fogo previamente intervidas, a fase de explotación executouse o pasado 17 de setembro con rexistros simultáneos e o apoio de unidades tácticas e guías caninos.
No transcurso dos rexistros incautáronse máis de 200 gramos de cocaína e heroína de alta pureza, equivalentes a unhas 2.500 doses valoradas en preto de 25.000 euros, ademais de 1.070 euros en efectivo, accesorios de corte e dous vehículos subtraídos con matrículas dobradas.
Tras pasar a disposición do Tribunal de Instancia de Garda de Ribeira, a autoridade xudicial decretou o ingreso en prisión provisional para os dous presuntos líderes, mentres a investigación continúa aberta.

Related posts

RIBEIRA E A DEPUTACIÓN ACORDAN O ARRANXO DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E O CÁMPING DE BALTEIRO

CloudyX

GONZÁLEZ FORMOSO ESTIVO TAMÉN EN AGUIÑO ONDE DESTACOU O PAPEL DA PESCA E DO MARISQUEO

CloudyX

RIBEIRA PECHOU O SEU PLAN INTEGRADO DE EMPREGO CUNHA INSERCIÓN LABORAL DO 47%RIBEIRA PECHOU O SEU PLAN INTEGRADO DE EMPREGO CUNHA INSERCIÓN LABORAL DO 47%

CloudyX