A directiva da Asociación de Xubilados de Boiro solicita unha vez máis que se desbloquee a construción da residencia pública do municipio. O seu presidente, Manuel Velo, reclama ao alcalde accións para dar pasos adiante e conseguir esta infraestrutura e este servizo que define de moi importante para a sociedade boirense.

