25.5 C
Chicago
29 agosto, 2026
Image default

A BOA XESTIÓN DE RESIDUO TÉXTIL EN PORTO DO SON EVITA A EMISIÓN DE MÁIS DE 19 TONELADAS DE GASES DE EFECTO INVERNADOIRO

Máis de 6.000 quilos de roupa e calzado fóra de uso recollidos en tan só cinco meses. É o balance da xestión do residuo téxtil en Porto do Son entre marzo e xullo. Segundo os datos da Comisión Europea, esta recollida selectiva permitiu aforrar máis de 19 toneladas de emisións de CO₂ á atmosfera.
Desde o Concello poñen de manifesto a importancia do uso correcto dos colectores específicos para garantir a calidade do proceso e evitar que este material remate contaminando outros circuítos de lixo.
O goberno local quixo agradecer publicamente a implicación da veciñanza e fixo un chamamento a continuar coa separación na orixe. Un xesto cotián que permite darlles unha segunda vida ás prendas e reducir o impacto ambiental no concello.
A estratexia municipal busca seguir consolidando os datos de recollida nos vindeiros meses, lembrando que o téxtil debe depositarse unicamente nos recipientes autorizados para manter a eficiencia do sistema.

Related posts

O PREZO DO COMBUSTIBLE ESTÁ A AFECTAR AOS PESCADORES

CloudyX

O POLBO DESAPARECE DO PORTO DO SON

CloudyX

PORTOSÍN HOMENAXEOU Á VIRXE DO CARME

CloudyX