Cero actividade e unha incerteza absoluta. Co peche da pesquería da sardiña ás 12 da noite para os barcos sen cota comprada, a frota do xeito de Rianxo queda sen alternativas na auga. Co bou de vara pechado e o marisqueo paralizado nun plan de rexeneración, este amarre supón un golpe case definitivo para o sector.

