Dende o goberno municipal de Boiro visitaron esta mañá as obras que se están a levar a cabo na Casa da Cultura. Unha intervención que renovará por completo un edificio construído en 1988 e ampliará a súa superficie dos actuais 1.792 metros cadrados ata os 2.927.

