23.7 C
Chicago
28 agosto, 2026
Image default

A XUNTA PON EN VALOR O PESO ESTRATÉXICO DE JEALSA DENTRO DA CADEA MAR-INDUSTRIA GALEGA

Jealsa consolida o seu papel como un dos grandes referentes da industria conserveira galega e española e como un dos principais motores económicos do Barbanza.
As instalacións do Bodión xeran arredor de 1.200 empregos directos. No conxunto do grupo traballan 3.600 persoas e a empresa pechou o pasado ano cunha facturación récord.
Durante a visita da conselleira do Mar, Marta Villaverde, ás infraestruturas da compañía, resaltouse o apoio da Xunta á continuidade da actividade da conserveira no porto do Bodión. A ampliación excepcional da concesión permitirá a Jealsa manterse neste espazo ata xuño de 2067, achegando estabilidade para novos investimentos e para o emprego.
A empresa prevé destinar oito millóns de euros nos próximos anos á modernización das instalacións, con actuacións para mellorar a eficiencia enerxética e ampliar a capacidade industrial.
A Xunta salienta asía importancia de facilitar que empresas estratéxicas de cadea-mar industria manteñan e incrementen a súa actividade en Galicia, xerando investimento, emprego e riqueza no territorio.

Related posts

AVANZAN AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DA CASA DA CULTURA DE BOIRO CON 3,6 MILLÓNS DE EUROS

CloudyX

BOIRO FESTEXARÁ O SAN RAMÓN DE BEALO CON SEIS DÍAS DE TRADICIÓN E VERBENA

CloudyX

O COLEXIO PRAIA XARDÍN INICIARÁ O CURSO CO AVANCE DA SÚA REHABILITACIÓN INTEGRAL

CloudyX