O Concello de Boiro e AGADEA deron un paso importante para mellorar a atención ás persoas maiores da localidade. Ambas entidades formalizaron a cesión dunha parcela municipal no lugar do Saltiño, onde se levantará a primeira residencia para maiores do municipio.

