18.7 C
Chicago
2 octubre, 2026
Image default

A VELA GALEGA RECUPERA UNHA DAS SÚAS GRANDES CITAS

A saída terá lugar no Liceo Marítimo de Bouzas, na ría de Vigo, con destino á ría de Muros e Noia, nunha travesía dividida en dúas etapas nas que 20 unidades izarán velas nunha competición moi esperada.
A competición recupera ademáis o Campionato Galego de Solitarios, unha modalidade que levaba anos sen disputarse en Galicia. Na regata participarán tamén embarcacións das categorías A2 e A3, con dous e tres tripulantes respectivamente.
A regata estará dividida en dúas xornadas: unha de subida e outra de baixada. Ambas abranguerán un total de 100 millas náuticas, ou o que é o mesmo, cerca de 200 quilómetros recorridos por mar.
A frota navegará por algúns dos espazos máis emblemáticos da costa galega, como as Illas Cíes, Ons, Sálvora ou o paso de Sálvora cara á ría de Arousa, nun trazado marcado tanto pola esixencia deportiva como pola beleza paisaxística.
A chegada estará situada en Portosín, onde está previsto que os primeiros veleiros crucen a meta ao longo do domingo.

Related posts

BOIRO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL DIA DA BICICLETA.

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA SABE O QUE É GAÑAR ESTA TEMPORADA

CloudyX

BOIRO ACOLLERÁ ESTE VENRES O I CAMPIONATO DE REMO INDOOR INTERCENTROS IMPULSADO POR CABO DE CRUZ

CloudyX