A Terceira Federación feminina viviu esta fin de semana a súa terceira xornada. E como di o refrán, á terceira foi a vencida. A EFM Concello de Boiro suou, pero finalmente puido estrear o seu casilleiro de triunfos logo de impoñerse nun traballado encontro ao Rosalía, rival directo pola permanencia.

