O estadio municipal da Fieiteira acollerá unha nova edición da Copa Sálvora, unha cita deportiva xa consolidada no calendario local. Nesta ocasión participarán 71 equipos de fútbol base chegados de distintos puntos de Galicia.
O torneo disputarase en dúas fins de semana. Os días 30 e 31 de maio competirán 55 equipos de fútbol 8, mentres que o 6 e 7 de xuño será a quenda do fútbol 11, con 16 conxuntos participantes. Seguindo a liña, este ano confirmaron a participación do alevín do Celta, un dos atractivos desta edición.

