18.7 C
Chicago
2 octubre, 2026
Image default

O CAMPO DE GOLF DO BARBANZA ACOLLE A PRIMEIRA XORNADA DA LIGA DE PARELLAS PRIMAVERA 2026

A Liga de Parellas Primavera 2026 xa botou a andar cunha primeira xornada marcada pola igualdade e o bo nivel competitivo. O torneo, que deu comezo o pasado xoves, prolongouse ata o sábado e reuniu a numerosas parellas e afeccionados nun ambiente de gran expectación.
A competición deixou destacados resultados tanto na categoría Handicap como en Scratch.
Na xornada do xoves 21, a parella formada por Jose Manuel Blanco e Amador Labandeiro foi a mellor en Handicap tras acadar un total de 48 puntos. Pola súa banda, en Scratch, Marcos Gomez e Simon Daniel Varela situáronse tamén no máis alto da clasificación coa mesma puntuación: 48 puntos.
O venres trouxo novos protagonistas. Damian Manuel Eiras e Jose Rivera convertéronse nos grandes dominadores da xornada ao imporse nas dúas categorías. A dupla sumou 45 puntos en Handicap e 43 en Scratch, asinando unha actuación moi sólida.
Xa no sábado, Ismael Calvo e David Montero repetiron a fazaña conseguida o día anterior e lograron a vitoria tanto en Handicap como en Scratch. A parella pechou a xornada con 44 puntos na primeira categoría e 42 na segunda.
A seguinte cita da Liga de Parellas Primavera celebrarase os días 11, 12 e 13 de xuño. Nesta ocasión, os participantes competirán nun percorrido longo baixo a modalidade de Fouball.

Related posts

BOIRO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL DIA DA BICICLETA.

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA SABE O QUE É GAÑAR ESTA TEMPORADA

CloudyX

BOIRO ACOLLERÁ ESTE VENRES O I CAMPIONATO DE REMO INDOOR INTERCENTROS IMPULSADO POR CABO DE CRUZ

CloudyX