A Liga de Parellas Primavera 2026 daba comezo este xoves na comarca do Barbanza. A competición deu o pistoletazo de saída cun formato Greensome Chapman e percorrido curto, reunindo a numerosos afeccionados desta modalidade nun ambiente deportivo e social.
O torneo desenvolverase ao longo de catro xornadas entre os meses de maio e xuño, combinando distintas modalidades de xogo como Fourball e Greensome Chapman, ademáis de percorridos curtos e longos. As saídas están previstas ás 17:00h, aínda que nalgunhas xornadas tamén haberá quendas de mañá.
Os precios das inscricións varían dende os 8 euros ata os 15, dependendo de quen sexa socio ou non o sexa. No que respecta aos galardóns, a liga repartirá premios ás mellores parellas scratch e hándicap de cada xornada e do circuíto completo.
A competición continuou durante o día de hoxe e tamén o fará mañá, sábado, con inscricións abertas ata pouco antes do inicio das probas.

