O pavillón de Barraña converterase este sábado no epicentro do boxeo coa celebración do III memorial Luis Torrado Treus. A velada, organizada polo club Torrado Treus coa colaboración do Concello de Boiro e da Federación Galega de Boxeo, comezará ás 20:00h e contará con nove combates, catro amateur e cinco neo profesionais.

