18.7 C
Chicago
2 octubre, 2026
Image default

OUTES VÉN DE CELEBRAR A XVII EDICIÓN DA SÚA CARREIRA PEDESTRE

Outes converteuse este domingo no epicentro do deporte coa celebración da súa tradicional Carreira Pedestre. A competición arrancou ás 10:00h na praza de Galicia, punto de saída e chegada das diferentes probas.
A xornada reuniu participantes de todas as idades, dende os máis pequenos ata os veteráns, con percorridos adaptados segundo as categorías. Ademáis da carreira principal de dez quilómetros, houbo tamén trazados máis curtos e unha miniolimpiada infantil.
No apartado deportivo, Ana Martínez proclamouse vencedora na clasificación feminina, compartindo podio con Mariela Mayo, segunda clasificada, e Sandra Muñiz, terceira. Na categoría masculina, Carlos Lorenzo Fíxose coa vitoria por diante de Pablo López e Fernando Vázquez.
Dende o Concello de Outes destacaron a gran acollida da carreira e agradeceron a colaboración do voluntariado, Protección Civil e dos clubs deportivos para que a proba se desenvolvese nas mellores condicións.

Related posts

BOIRO ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL DIA DA BICICLETA.

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA SABE O QUE É GAÑAR ESTA TEMPORADA

CloudyX

BOIRO ACOLLERÁ ESTE VENRES O I CAMPIONATO DE REMO INDOOR INTERCENTROS IMPULSADO POR CABO DE CRUZ

CloudyX