A Deputación da Coruña aprobou esta mañá no pleno ordinario do mes de xuño unha moción conxunta dos grupos do PSOE e do BNG na que demandan á Xunta a aplicación das medidas lavadas a cabo polo Goberno de España en materia de vivenda. A iniciativa saíu adiante cos votos favorables dos socialistas, nacionalistas e Alternativa dos Veciños e a abstención do PP.