Os temporais que azoutaron Galicia a comezos de ano deixaron numerosos danos. A comezos de marzo a estrada que conecta Ponte Beluso con Comparada, en Lousame, afundiuse pola acción da auga á altura de O Burzo. Dende aquela o tránsito está cortado, sete meses sen poder circular por esta vía, feito que está a afectar á veciñanza.

