Esta mañá votáronse no Congreso dos Deputados os dous decretos de vivenda impulsados polo Goberno do Estado. PP, VOX, Junts e UPN votaron en contra do primeiro decreto, e o segundo contou tamén coa negación de Coalición Canaria e PNV. O sector inmobiliario miraba esta mañá con nervios o que estaba a suceder na Cámara Baixa polo escenario que poderían deixar estas normas no mercado.

