CarnotaMuros

Os gardacostas requisan preto de 900 útiles de pesca e de 900 quilos de peixe e marisco en distintos controis

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 900 útiles –a maioría nasas- e de 900 quilos de peixe e marisco en diferentes controis realizados nos últimos días polo litoral galego. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 2.200 metros de artes de enmalle.

A ría de Arousa foi escenario de varios operativos que se saldaron coa incautación de 729 quilos de peixe e marisco e co comiso de 132 útiles e de 2.200 metros de artes de enmalle. O control máis destacado foi na Pobra do Caramiñal e Palmeira e nel os axentes aprehendéronse dun total de 339 quilos de marisco -entre eles máis de 180 quilos de nécora e 110 quilos de mexillón- e de 47 aparellos que estaban sen identificar, a maioría deles nasas.

Por outra banda, nuns controis realizados na ría de Muros e Noia, os axentes aprehendéronse de 155 útiles e de 14 quilos de distintas especies de peixe e marisco. A operación máis relevante saldouse coa aprehensión de 60 nasas de polbo con identificación falsa e 1,5 quilos de peixe e marisco.

Ademais, en Lira (Carnota) os gardacostas requisaron 104 nasas sen identificar e máis de 17 quilos de marisco, a maioría polbo, e no mercado coruñés das Conchiñas máis de 2 quilos de nécora, especie que está en veda.

https://www.youtube.com/watch?v=HDyeW8qle-Y

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.