18 C
Chicago
6 octubre, 2026
Image default

A ALCALDESA DE MUROS ESIXE UNHA SOLUCIÓN URXENTE Á XUNTA POLA FALTA DE PERSOAL NA ESCOLA INFANTIL

O curso escolar arrincou no centro con problemas severos. Dun total de seis traballadoras necesarias para atender aos 40 nenos e nenas matriculadas, na actualidade só hai dúas incorporadas. Esta situación de falta de persoal e incumprimento das ratios obriga a limitar a atención ás familias soamente ata as 13:30h.
Ante esta situación insostible, a rexedora remitiu unha carta formal á conselleira de Política Social, Fabiola García, reclamando a cobertura inmediata das prazas vacantes e transparencia sobre os prazos de incorporación do persoal para restablecer a normalidade e garantir a conciliación laboral e familiar na contorna.
Unha denuncia pon o foco na urxencia de dotar de recursos suficientes aos servizos públicos educativos da comarca.

Related posts

MUROS ACOLLEU HOXE UNHA GRAN EXHIBICIÓN SOLIDARIA E DE PORTAS ABERTAS ORGANIZADA POLA COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

CloudyX

O BNG REFORZA A CONFIANZA NOS SEUS CANDIDATOS EN MUROS-NOIA PARA AS MUNICIPAIS

CloudyX

O BNG DARÁ A COÑECER ÁS SÚAS CANDIDATURAS PARA AS MUNICIPAIS EN NOIA, MUROS, OUTES, PORTO DO SON E LOUSAME

CloudyX