Esta fin de semana a vela tivo unha tradicional cita coa Regata de Portosín. O tamén Memorial Alejandra Fernández desenvolveuse con algunha incidencia pola falta de vento que obrigou a suspender as probas previstas para o sábado. Sen embargo o centenar de participantes si puideron competir o domingo grazas á aparición do nordeste na ría de Muros e Noia.
Finalmente completáronse catro mangas polo que se tiveron en conta as tres mellores probas de cada regatista. en ILCA 4, a máis xuvenil das Divisións, gañaba a categoría feminina Ana Costas, do Rodeira de Cangas. A prata foi para Lucía Vaquerizo, do Real de Sanxenxo e o bronce para Iria Carballo, do Náutico de Vigo. Na ILCA 4 masculina venceu Alejandro Pérez, do náutico vigués. Segundo foi Jaime Diaz, do Club Náutico Mariña Coruña. E terceiro, Pedro Núñez, do Real da Coruña.
No apartado feminino do ILCA 6 levou o trofeo Paula Peleteiro, do Real Club Náutico de Sanxenxo. Marta Torres, do Real Náutico da Coruña, quedou segunda. E Alejandra Peleteiro, tamén de Sanxenxo, foi terceira. Na categoría masculina, o primeiro premio para Juan Nieto, do Club Marítimo de Oza. O segundo da clasificación foi Samuel Cerdeira, do Club Náutico Alamar Sada. E terceiro Martín Mijares, de Real da Coruña.
Nos ILCA 7, só houbo regatistas de categoría masculina, e levou o Memorial Alejandra Fernández Javier Isidro, do club anfitrión de Portosín. Segundo Carlos González, do Real Club Náutico da Coruña. E terceiro, Miguel Reboreda, tamén de Portosín.