O Concello de Ribeira abre un novo capítulo para que a futura residencia de maiores sexa unha realidade. A conselleira de Política Social, Ángeles Vázquez, visitou o Auditorio ribeirense onde asinou coa alcaldesa do municipio, María Sampedro, o convenio a través do que o concello cede á Xunta a parcela onde se construirá a futura residencia.

