O Goberno local da Pobra en colaboración co tecido asociativo puxeron en marcha uns festivais solidarios para recadar fondos en favor de Ucraína. Os días 2, 3 e 9 de abril varias asociacións culturais desenvolveron unha serie de actuacións no teatro cine Elma que conseguiron colectar unha boa cantidade de axuda.
