A Xunta de Galicia incrementa os presupostos destinados á política do mar para o vindeiro 2027 hasta alcanzar un total de 262,4 millóns de euros. Con esta cifra, o goberno autonómico aumenta nun 4,04% as contías do exercicio anterior. Así o anunciaba a conselleira de Mar, Marta Villaverde, durante a súa intervención na Comisión de Economía e Facenda.

