14.6 C
Chicago
28 octubre, 2026
Image default

O Concello de Boiro realiza os trámites para solicitar o servicio de teleasistencia da Deputación da Coruña

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servicios Sociais,
realiza os trámites necesarios para solicitar o servicio de teleasistencia que
xestiona a Deputación. Este servicio ten como obxectivo mellorar a calidade de
vida das persoas que viven solas, sobre todo durante o confinamento, gracias a
un intercomunicador que levan consigo e que lles permite atención permanente
con pulsalo.
Cando se declarou o Estado de alarma, a Deputación Provincial da
Coruña ampliou o servizo de telasistencia que presta para poder facelo
accesible a todas as persoas maiores que o demanden mentres dure a alerta
sanitaria do COVID-19. Durante este período, simplificáronse tamén os trámites
para a súa solicitude para que se respecte o confinamento.
Desde que se ampliou este servicio con motivo do COVID-19, déronse
de alta máis de 100 en toda a provincia, 4 deles en Boiro. Todos os boirenses
que teñan mais de 65 anos e vivan sos poden solicitar este servizo ou
informarse no departamento de Servicios Sociais do Concello de Boiro.

Related posts

A FALTA DE MEXILLA É UNHA DAS PRINCIPAIS PREOCUPACIÓNS DO SECTOR MEXILLOEIRO

CloudyX

A PRESENZA DE TOXINA AFECTA TAMÉN AOS BANCOS MARISQUEIROS

CloudyX

TENSIÓN POLA COTA DA SARDIÑA: A FROTA PIDE MANTER OS TOPES PARA GARANTIR A CAMPAÑA

CloudyX