12.9 C
Chicago
3 octubre, 2026
Image default

Comezan as obras para dotar dun acceso peonil ao parque de Punta do castro dende o porto de Castiñeiras

O Concello de Ribeira informa de que hoxe comezaron as obras para dotar dun acceso peonil ao parque de Punta do Castro dende o porto de Castiñeiras.

Operarios da empresa Tarrío y Suárez SL iniciaron hoxe estes traballos, conducentes a mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona a través dunha senda de 85 metros de lonxitude formada por unha estrutura de madeira no tramo portuario e unha beirarrúa de formigón na entrada ao parque.

O prazo de duración das obras é dun mes e comporta un investimento de 22.607 euros.

Related posts

O PARTIDO POPULAR VOLVE A ESIXIR NO SENADO UN REFORZO URXENTE DE POLICIAS NACIONAIS PARA A COMISARIA DE RIBEIRA

CloudyX

A POLICÍA NACIONAL DE RIBEIRA CELEBRA OS ANXOS CUSTODIOS RECOÑECENDO O TRABALLO DO CADRO LOCAL

CloudyX

RIBEIRA E A DEPUTACIÓN ACORDAN O ARRANXO DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E O CÁMPING DE BALTEIRO

CloudyX