12.9 C
Chicago
3 octubre, 2026
Image default

A POLICÍA NACIONAL DE RIBEIRA CELEBRA OS ANXOS CUSTODIOS RECOÑECENDO O TRABALLO DO CADRO LOCAL

Hoxe levouse a cabo a celebración do día grande da Policía Nacional: a festividade dos Anxos Custodios, o patrón do corpo. A xornada comezaba pola mañá cunha misa solemne na igrexa parroquial de Ribeira e, tras este acto relixioso, a conmemoración trasladouse á Casa do Mar para render homenaxe aos axentes falecidos en acto de servizo e destacar o labor fundamental que desempeña o corpo na seguridade de toda a comarca.
Durante a súa intervención, o xefe da comisaria, Diego Amaya, repasou as principais actuacións desenvolvidas no último ano, destacando a resolución de graves delitos, a desarticulación de puntos de venda de drogas e o esforzo operativo que supón garantir a seguridade na comarca.

Related posts

O PARTIDO POPULAR VOLVE A ESIXIR NO SENADO UN REFORZO URXENTE DE POLICIAS NACIONAIS PARA A COMISARIA DE RIBEIRA

CloudyX

RIBEIRA E A DEPUTACIÓN ACORDAN O ARRANXO DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E O CÁMPING DE BALTEIRO

CloudyX

GONZÁLEZ FORMOSO ESTIVO TAMÉN EN AGUIÑO ONDE DESTACOU O PAPEL DA PESCA E DO MARISQUEO

CloudyX