12.9 C
Chicago
3 octubre, 2026
Image default

A brigada municipal de obras renova a pavimentación dun tramo de 85 metros da rúa Fontenova na parroquia de Castiñeiras

A brigada municipal de obras emprendeu unha actuación dirixida á renovación da pavimentación nun tramo da rúa Fontenova, na parroquia de Castiñeiras.

A obra afectou a unha lonxitude de 85 metros liñais situados entre a estrada xeral DP 7307 e o desvío á rúa Alto do Rial, xusto por diante do colexio Sagrado Corazón. Consistiu na instalación de formigón semipulido combinado con franxas de pedra, substituíndo ás antigas lousas alí dispostas a causa das súas continuas roturas.

Os operarios municipais empregaron quince días nestes traballos, que terán continuidade con outras actuacións no entorno. A lousas retiradas serán reutilizadas pola brigada.

Related posts

O PARTIDO POPULAR VOLVE A ESIXIR NO SENADO UN REFORZO URXENTE DE POLICIAS NACIONAIS PARA A COMISARIA DE RIBEIRA

CloudyX

A POLICÍA NACIONAL DE RIBEIRA CELEBRA OS ANXOS CUSTODIOS RECOÑECENDO O TRABALLO DO CADRO LOCAL

CloudyX

RIBEIRA E A DEPUTACIÓN ACORDAN O ARRANXO DA ESTRADA ENTRE O CAMPO DE OLEIROS E O CÁMPING DE BALTEIRO

CloudyX