Hai non moito era constante que a veciñanza de Lousame quedara sen luz varias veces á semana. Esta problemática ocasionou numerosos danos particulares en fogares e negocios, e tamén na casa consistorial ou no centro de saúde. O alcalde do municipio, Esteban Ares, afirma que estes episodios reducíronse nos últimos meses.

