A veda da centola na zona que vai dende o Miño ata o cabo Corrubedo levantarse o domingo 8 de novembro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia. Aínda que non se realizan mostraxes previas específicas para este crustáceo, os mariñeiros da zona teñen constatado un bo volume de recurso ao longo das últimas semanas, o que permite roldar un certo optimismo de cara ao inicio do traballo nas rías.

