Un novo accidente ferroviario de extrema gravidade que se produciu esta mañá preto de Urda, en Toledo, deixaron polo momento 68 falecidos confirmados polo presidente de Castela A Mancha, Emiliano García-Page. As últimas cifras coñecidas sinalan tamén que hay 108 persoas feridas, 58 graves, e sete pasaxeiros recibiron a alta. O accidente produciuse arredor das 9.00 horas, despois de que un tren AVE de Renfe que circulaba en sentido Sevilla chocara contra un Iryo que estaba parado na vía, ocasionando o descarrilamento de varios vagóns. Entre os dous trens había un total de 544 pasaxeiros, aínda que non todos os familiares ou coñecidos saben con certeza como están os seus seres queridos.

