15.5 C
Chicago
28 octubre, 2026
Image default

NOVA DERROTA DO ROTOGAL BOIRO VOLEIBOL, QUE CAEU POR 1-3 NA CACHADA DIANTE DO INDESCAR ZARAGOZA

Outra xornada que resultou negativa para o Rotogal Boiro na Superliga Masculina 2 de Voleibol. Os boirenses, que nesta ocasión recibían ao actual líder da categoría, o Indescar Zaragoza, non foron quen de manter a boa liña durante o encontro e acabaron cun marcador na súa contra cun 1-3.
O conxunto local arrincou o partido amosando unha boa versión e dominando con soltura o primeiro set, que pechou ao seu favor cun clarificador 25 a 17.
Esa reacción inicial viuse rapidamente freada polo equipo aragonés, que igualou o choque na segunda quenda e acabou impoñendo a súa eficacia nos dous seguintes sets, acadando así a vitoria final a pesar da disposición e os intentos dos locais.
Cun comezo de liga esixente e amargo, os de Boiro ocupan a novena praza na clasificación pero manteñen intacta a confianza de cara ao seu vindeiro compromiso ligueiro diante do Tarragona. Unha cita na que os barbanzáns buscarán reencontrarse co triunfo e sumar puntos clave para escalar posicións na clasificación.

Related posts

XORNADA NEGATIVA NA PREFERENTE

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO SUFRIU PARA CONSEGUIR O EMPATE ANTE O ATLÉTICO SAM PEDRO

CloudyX

O NOIA PORTUS APOSTOLI CAEU POLA MÍNIMA ANTE O SERVIGROUP PEÑÍSCOLA POR 2-3

CloudyX