18.8 C
Chicago
21 octubre, 2026
Image default

NOVO FITO INTERNACIONAL PARA O PATRIMONIO CULTURAL

O Salón San Nicola da Cámara Comercio de Bari acolle desde este mes de outubro unha mostra de Pablo Picasso. Esta ofrece unha ampla retrospectiva que percorre sete décadas de creación e evolución estilística do artista español. A exposición conta cunha destacada representación do fondo documental e artístico do Mugart.
O museo ribeirense cedeu para esta importante cita internacional un coxunto de 95 pezas: 25 gravados ao linóleo, 45 estudos sobre o papel para o Guernica e 25 augafortes pertencentes á prestixiosa Suite Vollard. Unha contribución fundamental para retratar a mestría técnica e o impacto expresivo da obra gráfica de Picasso.
A mostra, que reúne más dun cento de creacións entre estampas, cerámicas, carteis e fotografías históricas, mantén un especial vínculo entre a creación artística e os procesos artesanais.
A exposición poderá visitarse na cidade italiana ata o vindeiro 7 de marzo de 2027.

Related posts

OPTIMISMO NO SECTOR MARISQUEIRO DE AGUIÑO NO ARRANQUE DE EXTRACCIÓN DE AMEIXA

CloudyX

A COMARCA DO BARBANZA VOLCOUSE CO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

CloudyX

A LONXA DE RIBEIRA SUMA 144.000 QUILOS DE POLBO DESCARGADOS DENDE XULLO, SÓ 600 MENOS QUE O ANO PASADO

CloudyX