Apertura con moi boas sensacións para o sector marisqueiro en Aguiño. Arredor de 60 embarcacións participaron na primeira xornada, logrando completar sen dificultades o tope fixado de 10 quilos por mariñeiro e 30 por barco nunha xornada reducida a tres horas de extracción.

