Icono del sitio CanalBarbanza.com

NOVO FITO INTERNACIONAL PARA O PATRIMONIO CULTURAL

O Salón San Nicola da Cámara Comercio de Bari acolle desde este mes de outubro unha mostra de Pablo Picasso. Esta ofrece unha ampla retrospectiva que percorre sete décadas de creación e evolución estilística do artista español. A exposición conta cunha destacada representación do fondo documental e artístico do Mugart.
O museo ribeirense cedeu para esta importante cita internacional un coxunto de 95 pezas: 25 gravados ao linóleo, 45 estudos sobre o papel para o Guernica e 25 augafortes pertencentes á prestixiosa Suite Vollard. Unha contribución fundamental para retratar a mestría técnica e o impacto expresivo da obra gráfica de Picasso.
A mostra, que reúne más dun cento de creacións entre estampas, cerámicas, carteis e fotografías históricas, mantén un especial vínculo entre a creación artística e os procesos artesanais.
A exposición poderá visitarse na cidade italiana ata o vindeiro 7 de marzo de 2027.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil