O Executivo autonómico deu luz verde á Estratexia Galega de Innovación Empresarial, Galicia, fábrica de Innovación, dotada con máis de 400 millóns de euros ata 2028. O plan busca industrializar o coñecemento, aumentar nun 25% as pemes innovadoras e superar os 1.500 millóns de euros de investimento empresarial en I+D.

