Dende o sector mariñeiro advirten das dificultades para manter a actividade dos barcos diante do alto custo de gasóleo. Aínda que as comunicacións sobre as subvencións están a chegar ás confrarías para a revisión de datos e posibles alegacións, os armadores consideran que os cartos prometidos tardarán en cobrarse e non cobren as necesidades reias.

