18.1 C
Chicago
14 octubre, 2026
Image default

O CONDUTOR DUN COCHE DE AUTOESCOLA RESULTA FERIDO TRAS ENVORCAR EN PORTOSÍN AO BATER CONTRA UNS MORRÓNS

O sinistro produciuse na estrada AC-550 ao seu paso pola localidade sonense, cando o vehículo de prácticas, que nese momento ía conducido por un instrutor, subiu polos pivotes situados na marxe dereita da vía, o que provocou que o automóbil quedase envorcado xusto a carón dun parque infantil.
A pesar da aparatosidade do golpe e do estado no que quedou o turismo, o condutor só sufriu feridas de carácter superficial, aínda que os servizos sanitarios mobilizados ata o lugar optaron por evacualo para un recoñecemento máis completo ao Hospital de Santiago de Compostela.
Un aparatoso accidente que afortunadamente se saldou sen consecuencias graves nin máis persoas implicadas no centro urbano de Portosín.

Related posts

A XUNTA E O CONCELLO DE PORTO DO SON ACORDAN RECONVERTIR UN INMOBLE INACABADO EN TRINTA NOVAS VIVENDAS PROTEXIDAS

CloudyX

O CONCELLO DO PORTO DO SON REAFIRMA A SÚA APOSTA POLA MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO DA AUGA

CloudyX

O ALCALDE DE PORTO DO SON FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DO VERÁN 2026

CloudyX