A poucos meses das eleccións municipais non pasan desapercibidos os movementos das diversas formacións políticas. O PsdeG-PSOE provincial xa mostra os primeiros resultados alcanzados na comarca do Barbanza, entre eles, a marcha do actual alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, da marea local para encabezar o grupo socialista.
Dende a asemblea de Nós Pobra expresan o seu respecto pola decisión persoal do rexedor, aínda que vinculan a súa marcha á falta de garantías para encabezar a lista electoral nunha organización onde os candidatos elíxense por votación directa sen proclamacións previas.

