O sinistro produciuse na estrada AC-550 ao seu paso pola localidade sonense, cando o vehículo de prácticas, que nese momento ía conducido por un instrutor, subiu polos pivotes situados na marxe dereita da vía, o que provocou que o automóbil quedase envorcado xusto a carón dun parque infantil.
A pesar da aparatosidade do golpe e do estado no que quedou o turismo, o condutor só sufriu feridas de carácter superficial, aínda que os servizos sanitarios mobilizados ata o lugar optaron por evacualo para un recoñecemento máis completo ao Hospital de Santiago de Compostela.
Un aparatoso accidente que afortunadamente se saldou sen consecuencias graves nin máis persoas implicadas no centro urbano de Portosín.

