Este luns o Consello da Xunta aprobou o novo proxecto de residencias de maiores entre as que se atopan os centros de Ribeira, Outes e Porto do Son. O alcalde sonense, Luis Oujo, sinalou que se trata dun servizo moi necesario para o municipio e a contorna.

