O vindeiro 23 de xaneiro están chamadas ás urnas todas as persoas adheridas ás confrarías galegas. Cada pósito elixirá aos seus patróns maiores e aos órganos reitores, ademais de votar despois pola renovación das federacións. A confraría de Portosín busca relevo despois de que Marcos Vázquez tomara as rendas do pósito hai uns meses. Polo momento, non hai candidaturas para as eleccións.

